Cerviño Calvo, Xoán Antonio

Cerviño Calvo, Xoán Antonio

Artista plástico. Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo (1998), ampliou estudios en Inglaterra. Comezou a expoñer en 1992 e a súa obra caracterízase pola reflexión sobre a paisaxe e a natureza desde unha poética icónica e conceptual. A serie O xardín da paisaxe (1998-1999) incidiu nesa visión co tratamento cromático e esquemático na pintura e coa utilización de elementos da natureza na escultura para sintetizar así as formas do campo galego. A súa obra está, entre outros lugares, na Deputación de Pontevedra e no Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa. Recibiu o premio Arte Xoven Galega de El Corte Inglés (1993).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Couso, A Estrada