Cerviño Lago, Xosefina
Historiadora da arte. Doutora en Historia da Arte (1976) pola Universidade de Santiago de Compostela e profesora na Universidade da Coruña. Asesora do Ateneo Curros Enríquez da Coruña (1991-1997) e de Radio Coruña (1991-1996), dirixiu diversos obradoiros artísticos no concello da Coruña e participou nas Aulas do Camiño organizadas pola facultade de Humanidades da Universidade da Coruña onde presentou entre outros estudios “Tradición y Modernidad: el parque de Santo Domingo de Bonaval” (1999) e “Rebecca Horn: a maxia do sublime” (2000). Colaborou coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega na realización, entre outros, dos vídeos Arte modernista (1992), Os renovadores da pintura galega contemporánea (1993) e Arte prerrománica (1998). Participou, entre outras obras, en Aproximación á arte barroca (1992), Arquitecturas da Provincia da Coruña (1997-1998) e Artistas Galegos, o Rexionalismo II (1998). Dos seus escritos destacan a súa tese doutoral El pintor Juan Luis (1976) e La obra de Luís Seoane (1994), El pintor Juan Luis: su vida (1994) e Arturo Souto (1995).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Corcubión