Cesarión

Cesarión

Fillo de Cleopatra VII. Considérase que era tamén fillo de Xulio César. Despois do asasinato deste, Cleopatra asociouno ao goberno de Exipto co nome de Tolomeo XV. Durante a guerra de Octavio Augusto contra Marco Antonio e Cleopatra, foi enviado lonxe para evitar riscos. Despois da derrota de Actium e do suicidio de Cleopatra, morreu asasinado por orde de Octavio.

Cronoloxía

  • Nacemento

  • Deceso