Ceterach

Ceterach
[PLANTA]

Xénero de fentos da familia das aspleniáceas. Presentan frondes pinnatipartidas, con soros alongados en forma de barriña, dispostas en rosetas densas con capacidade para revirar sobre si mesmas en tempo seco e tolerar o desecamento mediante un sistema de pequenos vacúolos que poden perder auga paulatinamente sen danar a organización celular. A especie C. officinarum distribúese por Europa dende a rexión mediterránea ata o noroeste; en Galicia aparece en fendas de valados e rochas.

Palabras veciñas

cetano | cetaria | ceteno | Ceterach | cetílico -ca | cetilo | cetina