cetilo

cetilo

(

  1. s m [QUÍM]

    Radical univalente de fórmula CH 3 (CH 2 ) 15 - que se pode considerar derivado do alcol cetílico por eliminación do hidroxilo, de nome sistemático hexadecilo.

  2. palmitato de cetilo [QUÍM]

    Éster hexadecílico do ácido palmítico, principal constituínte do esperma de balea purificado, de onde se extrae. Emprégase para facer candeas, xabóns e algúns fármacos e cosméticos. Denomínase tamén cetina.

Palabras veciñas

ceteno | Ceterach | cetílico -ca | cetilo | cetina | Cetina, Gutierre de | Cetinje