Chaban-Delmas, Jacques

Chaban-Delmas, Jacques

Político. Trala ocupación alemá de Francia durante a Segunda Guerra Mundial foi nomeado xeneral de brigada polo Comité de Liberación e asumiu un papel destacado na Resistencia. En 1946, nas filas do partido Radical-Socialista, foi elixido alcalde de Bordeos. Ocupou este cargo ata 1947, ano no que ingresou no partido Social-Republicano, gaullista, refundado en 1953 como Unión para a Nova República. Durante a IV República foi ministro de Obras Públicas (1954-1955), de Estado (1956-1957) e de Defensa (1957-1958). En 1958 foi decisiva a súa actuación na fundación da V República. Foi presidente da Assemblée National (1958-1969), primeiro ministro no goberno de Georges Pompidou (1969-1972) e inspector xeral de finanzas en 1973. Un ano despois fracasou no intento de acadar a presidencia da República, pero volveu presidir a Assemblée National en dous períodos máis (1978-1981 e 1986-1988). Escribiu L’ardeur (O ardor, 1975), a biografía Charles de Gaulle (1980) e o ensaio histórico La liberation (A liberación, 1984).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : París