chaga
chaga
(< lat plaga)
-
s
f
[PAT]
Lesión superficial con perda de substancia debida a un proceso necrótico, de escasa ou nula tendencia á cicatrización. Na tradición oral recóllense os seguintes ditos: “A chaga doe máis refregada. A mala chaga sana, a mala fada mata. As chagas doen menos ben untadas. Cando Dios dá a chaga dá o remedio pra sanala. Millor sanan as chagas que as feridas das malas palabras”.
Ex: De tanto camiñar saíronlle chagas nos pés.
-
s
f
Estado de ánimo caracterizado por unha gran mágoa.
Ex: A morte do fillo é unha chaga que non a deixa vivir.
Refráns
- A chaga doe máis, refregada.
- Deus que dá a chaga, dá a menciña para curala.
- Mala é a chaga que con viño non sana.