chaga

chaga

(< lat plaga)

  1. s f [PAT]

    Lesión superficial con perda de substancia debida a un proceso necrótico, de escasa ou nula tendencia á cicatrización. Na tradición oral recóllense os seguintes ditos: “A chaga doe máis refregada. A mala chaga sana, a mala fada mata. As chagas doen menos ben untadas. Cando Dios dá a chaga dá o remedio pra sanala. Millor sanan as chagas que as feridas das malas palabras”.

    Ex: De tanto camiñar saíronlle chagas nos pés.

  2. s f

    Estado de ánimo caracterizado por unha gran mágoa.

    Ex: A morte do fillo é unha chaga que non a deixa vivir.

Refráns

  • A chaga doe máis, refregada.
  • Deus que dá a chaga, dá a menciña para curala.
  • Mala é a chaga que con viño non sana.

Palabras veciñas

chafullar | chafullas | chafulleiro -ra | chaga | chagado -da | Chagall, Marc | Chagang