Champaigne, Philippe de
Pintor. Establecido en París en 1623, Duchesne, pintor do rei, introduciuno na corte. Protexido por Maria de Medici e polo cardeal Richelieu, converteuse en pintor oficial. Por encargo de Richelieu realizou a decoración da cúpula da Sorbonne e do palacio real. As súas primeiras obras amosan unha influencia de Rubens e Van Dyck, pero unha crise mística que o achegou aos xansenistas a comezos da década de 1640, fixo evolucionar a súa pintura cara a un clasicismo austero e severo. Entre as súas obras destacan O exvoto (1662) e La mère Agnès Arnauld et soeur Catherine de Sainte-Suzanne. Ademais destacan os seus retratos: Luís XIII, Richelieu (1637?), A familia Habert e O neno do falcón. En 1676 realizou un Autorretrato do que se coñece unha copia feita polo seu sobriño Jean-Baptiste de Champaigne (1631-1681).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bruxelas -
Deceso
Lugar : París