Champlain, Samuel de

Champlain, Samuel de

Explorador e colonizador francés. Na primeira expedición a Nova Francia (1603) explorou o río San Lourenzo ata a actual Montreal; na segunda, en 1604, explorou a costa atlántica ata Cape Cod. Intentou establecer unha colonia (Port Royal) en Nova Escocia. En 1608 volveu a Canadá e fundou a colonia de Québec. No curso dunha expedición contra os iroqueses descubriu o lago que leva o seu nome. Estableceu unha factoría na actual Montreal e foi nomeado lugartenente do príncipe de Condé en Nova Francia. No ano 1629 capturárono e tivo que render Québec aos ingleses.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Poitou

  • Deceso

    Lugar : Québec