chansonnier*

chansonnier*
  1. s m [MÚS]

    Libro impreso ou manuscrito que contén chansons ou as súas musicacións. Entre os máis coñecidos destaca o Mellon Chansonnier, copiado cara ao 1476, o Laborde Chansonnier, copiado cara ao 1480 e o Chansonnier Cordiforme, realizado antes de 1477.

  2. s m [MÚS]

    Artista que interpreta cancións compostas xeralmente por el mesmo e que apareceu en Francia cara ao 1700. A partir da segunda metade do s XIX, pasou a designar o artista que interpretaba as súas obras nos cabarés.

Palabras veciñas

Chans | Chanson de Roland | chanson* | chansonnier* | chanta | chantada | Chantada