chansonnier*
chansonnier*
-
s
m
[MÚS]
Libro impreso ou manuscrito que contén chansons ou as súas musicacións. Entre os máis coñecidos destaca o Mellon Chansonnier, copiado cara ao 1476, o Laborde Chansonnier, copiado cara ao 1480 e o Chansonnier Cordiforme, realizado antes de 1477.
-
s
m
[MÚS]
Artista que interpreta cancións compostas xeralmente por el mesmo e que apareceu en Francia cara ao 1700. A partir da segunda metade do s XIX, pasou a designar o artista que interpretaba as súas obras nos cabarés.