chanson*
chanson*
s
f
[MÚS]
Forma polifónica característica da escola franco-flamenga do s XVI, nacida da fusión do espírito popular da canción monódica coa linguaxe do motete contrapuntístico. Co madrigal italiano contemporáneo, destinouse a ser cantada a capella. Non ten estrutura propia ben determinada. O número de voces é bastante variable e o seu carácter é moi diverso. Guillaume de Machaut (1300?-1377), Guillaume Dufay (1398?-1474) e Binchois (1400?-1460) cultivaron este tipo de composicións. Clément Janequin (1485?-1558) foi, na primeira metade do s XVI, o seu principal representante.