chanta

chanta

(< lat planta)

  1. s f
    1. Lousa ou pedra grande que se chanta nos lados dun terreo para cercalo.

      Ex: Xa levamos todas as chantas para pechar a leira.

      Sinónimos: anta, chanto, chantón, entosta.
    2. [ARQUEOL]

      Lousa ou pedra grande que compón a cámara e o corredor dunha construción megalítica.

  2. s f

    Pao, estaca ou póla que se crava no chan para facer un valado.

    Ex: Colocou cinco chantas na horta.

    Sinónimos: chanto, chantón.

Palabras veciñas

Chanson de Roland | chanson* | chansonnier* | chanta | chantada | Chantada | Chantada