anta
(
-
s
f
Laxe grande chantada no chan xunto a outras como valado dun terreo.
Sinónimos: chanta. -
s
f
[ARQUEOL]
-
Laxe dun monumento megalítico.
Sinónimos: chanto. -
Construción megalítica formada por varios ortostatos -verticais e horizontais- dispostos en posición central no interior dunha mámoa e destinada a recibir varias inhumacións. É un espacio estereoforme, con varias direccións principais simultáneas, aínda que xerarquicamente o máis importante é o rumbo definido polo eixe do corredor; así mesmo, o espazo interno amosa unha ordenación fundamentalmente radial. É unha estrutura arquitrabada que funciona como un pórtico, os linteis están apoiados sobre os ortostatos sen estruturas intermedias e a carga transmítese directamente por medio dos esteos. Como consecuencia da extensión do fenómeno megalítico polo litoral atlántico (Illas Británicas, Bretaña, Galicia, etc) as antas teñen unha tipoloxía moi variada que responde a diferencias xeográficas e arquitectónicas: a cámara ofrece varios tipos definidos segundo o número de lados, a presenza ou ausencia de corredor e a súa forma. As primeiras análises tipolóxicas para as antas galegas proceden de Florentino López Cuevillas, quen definiu catro tipos diferentes: cámaras poligonais pechadas e de pequeno tamaño; cámaras poligonais simples con porta de entrada; cámaras poligonais con tendencia circular e corredor curto, e cámaras rectangulares tipo cista megalítica. George Leisner, profundizando nas investigacións de Cuevillas, sinala tres grupos: sartegos simples, con cámaras de feitío diverso, desde as poligonais ata as formas indeterminadas; antas de corredor, diferenciadas en planta, alzado e perfil; e cámaras semicirculares. A última das clasificacións publicadas é a que elaborou Antón Rodríguez Casal atendendo a catro tipos fundamentais: antas simples, caracterízanse por ter unha única cámara, normalmente poligonal ou subcircular, totalmente pechada, como cubrición adoita utilizarse un monolito. As dimensións oscilan sempre ao redor dos 2 m. A Casa dos Mouros (Candeán) é un bo exemplo deste tipo; antas de corredor, son cámaras que posúen un corredor de entrada, cuberto por lousas megalíticas. Polo xeral teñen planta en V; sen embargo, con respecto ao alzado existe unha maior variabilidade (diferenciación neta entre corredor e cámara; escala progresiva desde a menor altura da parte máis externa do corredor ata a cámara; inexistencia de diferenciación entre o corredor e a cámara). As máximas dimensións que acadan as mámoas deste tipo aproxímanse aos 7 m. É o grupo máis común do megalitismo galego. A este modelo axústanse a Casa dos Mouros (Vimianzo), a Arca do Barbanza (Boiro), Pedra Cuberta (Vimianzo) ou Arca da Piosa (Zas); arcas megalíticas, caracterízanse por ter unha única cámara, cadrada ou rectangular, con cuberta única e feitura moi coidada. A Casota de Berdoias (Vimianzo) segue esta tipoloxía; Sartegos paramegalíticos, foxas de enterramento secundario practicadas no sedimento tumular e sen estruturas megalíticas aparentes. A mámoa 1 de Monte Campelos é un bo exemplo deste tipo. Malia que determinadas antas semellan anunciar as cistas de inhumación individual, non é doado establecer paralelismos entre a periodización do Megalitismo e a clasificación tipolóxica das antas galegas. Non obstante , cómpre salientar que as cronoloxías máis antigas para unha anta galega proceden da mámoa 1 de Chan da Cruz (3.260 a C) e das Rozas 1 (3.200 a C), mentres que as máis serodias son as que se obtiveron na Casota de Berdoias, na mámoa 229 de Veiga dos Mouros e na mámoa 1 de Monte Campelos, todas ao redor do 2.200-2.000 a C. Nalgúns casos, os chantos da cámara conteñen pinturas (a Pedra Cuberta de Treos) e gravados (Roza das Modias de Vilalba ou a mámoa da Braña de Refoxos).
Sinónimos: arca, dolmen. Confrontacións: mámoa.
-
-
s
f
[ARQUIT]
Pilastra de forma cuadrangular empregada para reforzar ou simplemente decorar o final dunha parede, especialmente dos muros que enmarcan a cella do templo. Na fachada prolónganse ata a altura das columnas máis próximas á cella, delimitando o pórtico.
Sinónimos: columna, pilastra.