chaparro -rra

chaparro -rra

(< éusc txaparro)

  1. s m [PLANTA]

    Planta do xénero Quercus de folla perenne. Polas adversas condicións onde medra (por sufrir un substrato, unha climatoloxía pouco favorable ou o castigo dos herbívoros) presenta un porte arbustivo en vez do de árbore que potencialmente podería desenvolver.

  2. adx

    Aplícase a calquera arbusto ou árbore pequena.

  3. adx

    Aplícase a unha persoa ou animal gordo e de pequeno tamaño.

    Ex: Ela é máis alta ca os seus pais, que son máis chaparros.

    Sinónimos: rebolo.

Palabras veciñas

chaparrada | chaparral | chaparreta | chaparro -rra | Chaparrón, El | chaparrudo | chapeirazo