Chardin, Jean-Baptiste Siméon

Chardin, Jean-Baptiste Siméon

Pintor. Iniciou a súa preparación artística no obradoiro do pintor Cazes, que lle inculcou a afección aos flamengos e aos holandeses. En 1728 ingresou na Académie Royale de Peinture et Sculpture, institución da que foi tesoureiro. Realizou, fundamentalmente, naturezas mortas nas que presenta os obxectos máis humildes cheos de interese e fascinación, e escenas de xénero nas que reflicte a vida da pequena burguesía parisina. Cara ao 1770 comezou a pintar ao pastel, técnica na que realizou un retrato da súa dona e dous autorretratos. Entre as súas obras destaca La Raie ouverte (A raia aberta, 1728), Dame cachetant une lettre (Muller selando unha carta, 1733) ou Le Jeune dessinateu (O debuxante novo). O seu fillo Jean-Baptiste Pierre Chardin (París 18.11.1731 - Venecia 1768?), tamén pintor, recibiu en 1754 o Grand Prix de Rome.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : París

  • Deceso