Chardonell Guiance, Pedro

Chardonell Guiance, Pedro

Sindicalista e litógrafo. A finais do s XIX dirixiu a Asociación Tipográfica e a Federación Local de Trabajadores (FLT) en Pontevedra. Foi membro da Agrupación Socialista local (1897-1898) e integrou a todos os tipógrafos na UGT. Emigrou a Bos Aires, onde foi redactor do semanario anarquista El Rebelde, pero expulsárono por motivos ideolóxicos. No 1905 volveu a Pontevedra e participou no grupo anarquista local, enfrontado cos dirixentes socialistas. Na redacción do semanario republicano La Libertad contactou co lerrouxismo e chegou á secretaría do Partido Radical pontevedrés en 1909. Emprendeu campañas contra o caciquismo do Marqués de Riestra nas publicacións Germinal, de Vigo, e España Nueva, de Madrid, polo que foi enviado á cadea en 1912. Un ano despois marchou a Uruguay e continuou o seu labor de cronista en xornais locais e madrileños.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Pontevedra