Charlón Arias, Uxío
Dramaturgo e actor. Xunto con Manuel Sánchez Hermida escribiu as obras Mal de moitos e Trato a cegas, publicadas no mesmo volume (1921); Axúdate (1922) e O menciñeiro (1922); e Miña terra!. Todas elas estreáronse entre 1915 e 1922. As súas pezas, denominadas “parrafeios”, de intención propagandística na liña das Irmandades da Fala, foron das máis representadas polos coros, entre os que cómpre destacar Toxos e Froles e Cantigas e Agarimos, así como polo cadro de declamación da Irmandade da Fala da Coruña ou, xa na década dos vinte, pola Escola Dramática Galega. As obras son pezas curtas e de sinxela escenografía, que non precisan máis de dous actores en escena. A temática é costumista pero mantén un espírito reivindicativo, coa que denuncia, entre outros temas, o problema do abandono da lingua.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Narón -
Deceso
Lugar : Ferrol