Charlot
Charlot
Personaxe cinematográfico creado e interpretado polo actor Charles Spencer Chaplin. Vestido cunha indumentaria que chegou a ser característica (sombreiro forte, chaqueta estreita, pantalóns anchos, zapatos estragados, caxato de bambú, etc), é o prototipo de home marxinado, cunha rica e completa gama de valores humanos.