Charolais

Charolais

ou Charollais Rexión agrícola da Borgoña, no departamento de Côte-d’Or, Francia, na prolongación setentrional do Macizo Central. A economía baséase principalmente na gandería, sobre todo na raza bovina charolesa. En 1316 constituíuse o condado de Charolais. Despois de formar parte das posesións de diversas casas nobiliarias, en 1761 uniuse á coroa.

Palabras veciñas

charo | charoado -da | charoar | Charolais | charolas | charolés -sa | charón