charolés -sa

charolés -sa

(< topónimo Charolais)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á raza charolesa.

  2. raza charolesa [ZOOL]

    Raza de gando bovino propia da rexión francesa de Charolais. Caracterízase polo pelame branco amarelento e pola súa grande alzada. Moi rústica e de crecemento precoz, críase para a produción de carne.

Palabras veciñas

charoar | Charolais | charolas | charolés -sa | charón | Charonia | Charonton, Enguerrand