Chartier, Émile Auguste

Chartier, Émile Auguste

Ensaísta e filósofo francés. Coñecido polo pseudónimo de Alain, defendeu un humanismo individualista baseado nos valores da cultura clásica. Foi profesor na Escola Normal de Rouen e dende 1909 ata 1913 no Licée Henri IV de París. Influíu notablemente na educación e reorientou a pedagoxía cara á formación dun pensamento libre e moral. Desenvolveu un importante labor político de carácter pacifista. Dende 1908 publicou en La Dépêche de Rouen e, posteriormente, en Nouvelle Revue Française, uns 5.000 artigos co título de Propos. Escribiu, ademais, as obras filosóficas Idées (Ideas, 1932) e Histoire des mes pensées (Historia dos meus pensamentos, 1936).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Mortagneau

  • Deceso

    Lugar : Perche, Orne

  • Deceso

    Lugar : Oise