chatarra

chatarra

(<éusc txatarra ‘o vello’)

  1. s f

    Conxunto de materiais vellos de ferro ou doutro metal.

    Ex: Hai que recoller toda a chatarra que xuntamos na eira e levala de aí.

  2. s f

    Metal de escaso valor que non é nobre. Ex: Non podo usar pendentes de chatarra porque me causan feridas na pel.

    Ex: Non podo usar pendentes de chatarra porque me causan feridas na pel.

  3. s f

    Obxecto ou máquina de ferro, ou con boa parte de ferro, en estado inservible ou inutilizable. Ex: A lavadora que tiñamos anteriormente era unha chatarra.

    Ex: A lavadora que tiñamos anteriormente era unha chatarra.

  4. s f

    Diñeiro cambiado en moedas.

    Ex: Vouche pagar con moedas para desfacerme desta chatarra.

    Sinónimos: cascallo.
  5. arte de chatarra [ARTE]

    Tendencia artística que consiste na realización de obras de arte co emprego de materiais de lixo e doutros desperdicios urbanos. O crítico Lawrence Alloway aplicoulles a denominación de Junk Art ós cadros realizados por Robert Rauschenberg na década dos cincuenta do s XX, nos que engadiu trapos e outros materiais inservibles. Posteriormente, o nome ampliouse a toda escultura realizada con madeiras vellas, anacos de metais, farrapos sucios e vellos, máquinas rotas, etc. As súas orixes remóntanse ás obras de Kurt Schwitters, feitas con materiais de desfeito, e ás colaxes do cubismo sintético de Picasso. Supón, por unha banda, un enfrontamento cos tradicionais materiais nobres, e pola outra, a afirmación de que a obra de arte pode crearse con materiais humildes. En España pode incluírse nesta tendencia a obra de Antoni Tàpies e en Italia os artistas da Arte Povera.

Palabras veciñas

Chastellas | chat* | chata | chatarra | chatarreiro -ra | chatear | Chateau-Renault, conde de