Chaucer, Geoffrey

Chaucer, Geoffrey

Escritor. Nacido nunha familia de viñateiros ligados á corte, recibiu formación aristocrática. Foi paxe da condesa de Ulster (1357), participou na guerra de Francia (1359-1360), exerceu como valet do rei (1367) e foi knight of the shire (membro do Parlamento) do condado de Kent (1386). Escribiu uns vinte poemas curtos de influencia francesa, unha tradución fragmentaria do Roman de la Rose, os poemas longos The Book of the Duchess (O libro da duquesa, 1369), a sátira de amor cortesán The Parliament of Fowls (O parlamento dos paxaros, 1382?), Troylus and Cryseide (Troilo e Criseida, 1384) e The Legend of Good Women, (A lenda da boa muller), obra incompleta que preludia os seus Canterbury Tales (Contos de Canterbury). Como prosista escribiu Boece (1380?) e dous tratados didácticos de astronomía Treatise on the Astrolabe (Tratado sobre o astrolabio) e Equatorie of the Planetis (Ecuatorial dos planetas).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Londres

  • Deceso