chave
(< lat clave)
-
-
s
f
Peza de metal, de distintas formas e tamaños, que se introduce nunha pechadura para abrila ou cerrala. Na tradición recóllense refráns como: “A chave custa pouco, pero vale moito. A chave do preito é o escribano: a do médico o boticario. As chaves na cinta e o can na cociña. Ben boa é a chave que todas as portas abre. Dou ao demo a chave que todas as portas abre. O que ten a chave cando quer abre. Val máis volta de chave, que consello de frade. Valla ao demo a chave que moitas portas abre”. Ex: Fixéronme mal a copia da chave e non dou aberta a pechadura.
Ex: Fixéronme mal a copia da chave e non dou aberta a pechadura.
-
chave falsa
Chave que serve para abrir ou forzar unha pechadura da que non se ten a chave verdadeira.
-
chave mestra
Chave que abre distintas pechaduras dun mesmo tipo de mecanismo.
-
entregar as chaves da cidade
Ofrecer en acto simbólico as chaves dunha cidade a un persoeiro para honralo ou a un vencedor en sinal de rendición.
-
s
f
-
s
f
Ferramenta de montaxe construída con aceiros estampados de gran dureza, tenacidade e resistencia á torsión, que consiste nun mango ríxido de forma variable, acabado por un extremo ou polos dous nunha forma que se axusta á cabeza dos parafusos ou das torcas para podelos apertar ou afrouxar. As chaves poden ser fixas ou axustables pero prefírense as primeiras porque non desgastan tanto as arestas dos parafusos e porque a relación entre a lonxitude do mango e a anchura do parafuso é a apropiada para que o esforzo de volta sexa o conveniente. Dentro das fixas, as máis empregadas son as chaves fixas de boca, formadas por un mango plano e de pouco grosor, acabado en dous ancheamentos circulares con cadanseu oco; e as chaves de estrela cun anel con estrías interiores. Entre as axustables, á parte da chave inglesa, están as chaves de cadea, utilizadas para apertar manguitos e tubos; as chaves de vaso, que consisten nun xogo de cilindros curtos (vasos) que se poden encabar con ferramentas de moi diversa forma; as chaves de tubo formadas por unha peza oca de sección xeralmente hexagonal, recta, dobrada, articulada ou en T; as chaves de gancho, utilizadas para apertar algúns tipos de torcas; e as chaves Allen, especiais para apertar parafusos de cabeza cun oco hexagonal. As chaves mixtas son as formadas pola combinación dun extremo de chave de boca e outro de estrela. As chaves numéranse segundo a medida en milímetros que hai entre as caras do parafuso ou da torca para as que foron previstas.
-
s
f
álvula de accionamento manual que serve para abrir ou cerrar o paso dun líquido ou gas por un conduto. OBS: Tamén se denomina chave de paso.
Confrontacións: billa. -
s
f
Peza dun circuíto eléctrico coa que se abre ou pecha o paso da corrente.
-
s
f
Atadura que se fai ao vincallo para atar os monllos.
-
s
f
Madeiro do tear que impide que se mova o orgo.
-
s
f
Corda da que se tira para pechar a rede pola parte inferior, e fai o copo ou bolsa nas redes de cerco.
-
s
f
Aquilo que permite explicar algo ou resolvelo.
Ex: A simpatía é a chave do seu éxito coas rapazas.
Sinónimos: clave. -
s
f
Rama do coñecemento que cómpre coñecer e aprobar para poder pasar a outra. Ex: Teño que aprobar esta materia pois é a chave para poder estudar o que eu quero.
Ex: Teño que aprobar esta materia pois é a chave para poder estudar o que eu quero.
-
s
f
[BÉL]
Peza ou conxunto de pezas que servían para disparar as armas de fogo antigas, equivalente ao mecanismo disparador das armas modernas, denominado xeralmente pecho. Segundo a súa evolución técnica e histórica, existen diversas clases: chave de serpentín, mecanismo co que se perfeccionaron os arcabuces e os mosquetes, a partir de 1523, e que permitía aproximar a mecha, con precisión e rapidez, na cazoleta con pólvora; chave de roda, inventada contra o 1517 por Kiefus, reloxeiro de Nuremberg, que substitúe a mecha por unha pedra de acender; chave de percusión, propia das armas de pistón, que se comezou a fabricar a finais do s XVIII; chave de agulla, das armas que se cargan pola recámara; e chave abatida, das escopetas de caza modernas.
-
s
f
[LING]
Cada un dos signos { } que serven para incluír conxuntos, reunir diversas subdivisións dunha materia ou dun concepto, diversas palabras ou liñas, especialmente en representacións esquemáticas.
-
s
f
[MÚS]
Signo en forma de { alongado que une o pentagrama ou sistema de pentagramas superior ao pentagrama inferior do baixo ou da man esquerda, e indica que a música que conteñen ambos os dous debe soar ao mesmo tempo.
-
[MÚS]
-
s
f
Peza metálica por medio da que se poden cerrar e abrir os orificios de certos instrumentos de vento.
-
s
f
Dispositivo mecánico que axuda aos dedos no control da abertura e peche dos orificios dun instrumento de vento. Probablemente as primeiras chaves se deseñaron para axudar ao dedo maimiño. Ao final do s XVIII, empregáronse para obter todas as notas da escala cromática na frauta traveseira e, na primeira metade do s XIX, construtores como Triéberts, Heckel ou Boehm estableceron os principios do sistema de chaves que chegaron ata hoxe.
-
chave de afinar
Peza de ferro cun orificio de forma poligonal nun dos seus extremos que, adaptado ás caravillas do piano e da arpa, serve para temperalos.
-
s
f
-
s
f
[DEP]
Elemento técnico utilizado por un loitador para a acción ofensiva ou de contraataque, co obxecto de inmobilizar ou derrubar o adversario na loita clásica, nas súas derivacións (loita libre) e, en xeral, nas artes marciais que non empregan armas (karate, judo, etc). Ex: Fíxolle unha chave de judo que o deixou totalmente inmóbil.
Ex: Fíxolle unha chave de judo que o deixou totalmente inmóbil.
-
s
f
[XOGO]
Xogo popular que consiste en lanzar unhas pezas de metal redondas e planas e acertarlle a outra peza de metal máis grande, a chave, que está fincada no chan a certa distancia e que ten diversas formas segundo as zonas, normalmente provista de aspas.
-
chave abrazadeira
[ARQUIT]
Pedra que pecha e asegura unha bóveda ou un arco arquitectónico.
-
chave da man
Arco que forman os dedos polgar e índice dunha man.
-
sistema de chave-pechadura
[BIOQ]
Mecanismo de recoñecemento enzimático proposto por E. Fischer en 1894. Establece que a especificidade dun enzima (pechadura), polo seu substrato (chave), procede das súas formas xeometricamente complementarias; deste xeito, o enzima e o substrato interactúan formando un complexo enzima-substrato. O subtrato transfórmase nun produto de estrutura diferente, polo que deixa de encaixar co enzima de xeito que este queda libre.
Frases feitas
-
Baixo chave. Nun lugar pechado con chave.
-
Baixo sete chaves. Gardar algo en lugar seguro.
-
Chaviña louca. Aplícase á persoa de cabeza atolada.
-
Botar a chave. Pechar. Chaves do ceo/chaves de San Pedro. Chaves simbólicas coas que ha ser aberta a porta do Paraíso mediante o perdón dos pecados.
Refráns
- A chave custa pouco, pero vale moito.
- As chaves na cinta e o can na cociña.
- Ben boa é a chave que tódalas portas abre.
- Dade ao demo a chave que tódalas portas abre.
- O que ten a chave, cando quere, abre.
- ¡Dou ao demo a chave que tódalas portas abre