chazo

chazo

(< fr chasse ‘caza’)

  1. s m

    Instrumento empregado para apertar os arcos das cubas de viño.

    Sinónimos: chazona.
  2. s m

    Cuña de madeira que asegura os marcos de portas e ventás.

    Sinónimos: chaza.
  3. s m

    Corte que se lle dá á madeira co fin de comprobar o seu estado.

  4. s m

    Burato que ten o xugo na parte central.

Palabras veciñas

chaza | chazar | chazarel | chazo | Chazo | Chazo González, Manuel | chazona