2 che
(
-
pron pers
Forma átona do pronome persoal de segunda persoa de singular en función de complemento indirecto que equivale a ‘a ti’ (Ex: Devólvoche o libro. Non che podo deixar o coche esta fin de semana). OBS: A presenza do pronome átono como marca de complemento indirecto non esixe a presenza do pronome tónico correspondente precedida da preposición a, mentres que ao contrario si (Ex: Deixeiche un libro e non *Deixei a ti un libro).
Ex: Devólvoche o libro. Non che podo deixar o coche esta fin de semana). OBS: A presenza do pronome átono como marca de complemento indirecto non esixe a presenza do pronome tónico correspondente precedida da preposición a, mentres que ao contrario si (Ex: Deixeiche un libro e non *Deixei a ti un libro).
-
pron pers
Forma que se emprega como reforzo da expresión, sen realizar ningunha función sintáctica, para implicar o receptor que non participa nos feitos que se expresan pero que o emisor si quere que o faga fiticiamente, buscando a súa solidariedade, a súa complicidade ou unha maior aproximación afectiva entre el, a mensaxe e o emisor. A presenza deste pronome require que exista un certo grao de familiaridade co interlocutor ou un contexto coloquial e/ou afectivo (Ex: Fáicheme falta dicir a verdade. O meu fillo échevos un bo rapaz. Xa che me parecía a min que non ía casar. A vaca que compramos cómecheme moito). OBS: 1 Segundo os contextos sintácticos, o pronome che pode ir antes ou despois do verbo, neste último caso únese a el formando unha única palabra (Ex: Xa che comprei a entrada. Aínda que veña tarde, traereiche a roupa). 2 Esta forma persoal contrae coas formas persoais átonas de complemento directo (o, a, os, as) dando lugar a cho, cha, chos e chas (Ex: Dareicho cando remate de lelo. Colleucha de enriba da mesa. Comprouchos vermellos porque lle gusta esa cor. Aínda non chas mandei).
Ex: Fáicheme falta dicir a verdade. O meu fillo échevos un bo rapaz. Xa che me parecía a min que non ía casar. A vaca que compramos cómecheme moito). OBS: 1 Segundo os contextos sintácticos, o pronome che pode ir antes ou despois do verbo, neste último caso únese a el formando unha única palabra (Ex: Xa che comprei a entrada. Aínda que veña tarde, traereiche a roupa). 2 Esta forma persoal contrae coas formas persoais átonas de complemento directo (o, a, os, as) dando lugar a cho, cha, chos e chas (Ex: Dareicho cando remate de lelo. Colleucha de enriba da mesa. Comprouchos vermellos porque lle gusta esa cor. Aínda non chas mandei).