Chen Boda

Chen Boda
Nome científico: [Wade: Ch’en Po-ta]

Historiador e teórico chinés do marxismo. Incorporouse á base comunista de Yan’an, onde se converteu en secretario político de Mao Zedong. Membro do buró político do partido comunista chinés, entre as súas obras políticas cómpre salientar Dez anos de guerra civil (1944), As catro grandes familias da China (1946) e Un inimigo do pobo: Chiang-Kai-shek (1954). Tivo unha participación decisiva na Revolución Cultural de 1966. Acusado de facer complot contra Mao Zedong, encarcerárono (1971) e condenárono a dezaoito anos de cadea (1981).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Fujian

  • Deceso

    Lugar : Pequín