cheque
(
-
s
m
Documento polo que un cliente dunha entidade bancaria autoriza o pagamento dunha cantidade de cartos con cargo aos fondos que a persoa que o expide ten depositados nela.
Ex: Xa cobrei o cheque deste mes na miña entidade bancaria.
Sinónimos: talón. -
cheque cruzado
Cheque que se estende a favor dunha persoa ou entidade co nome destas cruzado no anverso.
-
cheque de viaxe
Cheque que se utiliza para viaxar e que permite pagar hoteis, viaxes, transportes, etc, a cargo da conta do titular.
-
cheque en branco
Cheque no que non se especifica a cantidade.
-
cheque nominal
Cheque no que se escribe o nome do destinatario para que só poida ser cobrado por esta persoa.
-
cheque ó portador
Cheque que a entidade paga á persoa que porte o documento no momento de cobralo.
-
cheque postal
[FILAT]
Modalidade de envío de cartos por correo denominada tamén bono postal. Non tivo vixencia en España e foi desprazada do servizo polo sistema do cheque bancario ou talón, ou a través do xiro postal.