Cher

Cher

Río do centro de Francia, afluente do Loire pola esquerda (320 km e 14.000 km2 de conca, nace en Combrailles, no Macizo Central, e flúe moi encaixado en dirección setentrional. En Saint-Amand-Montrond cambia de dirección e flúe cara o NO ata Vierzon. Preto de Tours o seu curso continúa paralelo ao do Loire, ata a súa confluencia, pouco ante de Langeais.