Chiclana de la Frontera

Chiclana de la Frontera

Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situada ao SL da cidade de Cádiz (53.001 h [1996]). Os seus recursos económicos son a pesca, as salinas e a agricultura. Centro comercial e industrial. Dentro do termo está o poboado turístico de Sancti-Petri e nel as ruínas do templo de Hércules. Dentro da cidade localízase a igrexa barroca de San Telmo.