Chicote

Chicote
[ALIM]

Prestixioso bar americano da Gran Vía madrileña, fundado na década dos anos trinta por Pedro Perico Chicote, quen destacou internacionalmente pola súa coctelería e polas primeiras publicacións que realizou sobre o tema en España a partir dos anos cincuenta, como Cocktails mundiales, El bar americano en España e Mis mejores cocktails, entre outras. Neste local constituíuse un museo de bebidas que leva o nome de Pedro Chicote.