Chien Andalou, Un
Chien Andalou, Un
Nome científico:
[Un can andaluz]
[IMAX]
Produción cinematográfica francesa realizada en 1928. Foi dirixida por Luis Buñuel e Salvador Dalí e interpretada por Pierre Batcheff, Simone Mareuil, Jaume Miravitlles e os mesmos directores. Esta curtametraxe é unha sucesión de imaxes impactantes, como a que mostra a un home cunha navalla na man disposto a seccionar o ollo dunha muller ou a dun home vestido de monxa que persegue en bicicleta a unha rapaza con afán lascivo. Está considerada como unha obra mestra do surrealismo pola sucesión de imaxes sorprendentes que intentan reflectir a rapidez e inconexión do pensamento subconsciente.