chimú

chimú
[HIST]

Civilización preincaica que se estableceu entre os ss XI e XV na costa setentrional do Perú. Constituíu un dos reinos máis importantes da área andina. Os chimús desenvolveron unha agricultura moi tecnificada. A súa organización social estratificada influíu posteriormente na dos incas. Os tecidos ornamentados con motivos xeométricos, a ourivería de prata, bronce e ouro, na que acadaron un alto grao de refinamento, e unha cerámica monocroma (predominantemente negra ou vermella), son características da súa cultura material. Tamén cómpre destacar a súa arquitectura: consérvanse as ruínas da súa capital, Chanchán (situada nas proximidades de Trujillo), trazada segundo un plano xeométrico. No 1470 foron sometidos polos incas.

Palabras veciñas

Chimpancé, El | chimpar | chimpo | chimú | china | China | China