Chirac, Jacques

Chirac, Jacques

Político. Graduado en Ciencias Políticas polo Institut d’Etudes Politiques de París. Foi secretario de estado para a economía e as finanzas (1968-1971), ministro de Relacións co Parlamento (1971-1972), ministro de Agricultura (1972-1974), ministro de Interior (1974) e secretario xeral da Union pour la Défense de la République (UDR) (1974-1975). En 1974 converteuse en primeiro ministro, pero dimitiu en 1976. Presidente do Rassemblement pour la République (RPR) entre 1976 e 1994, foi alcalde de París (1977-1986 e 1989-1995). En 1986-1988 ocupou novamente o cargo de primeiro ministro. En 1995 gañou as eleccións presidenciais, despois de ser candidato en 1981 e 1988. Nomeou un goberno de dereitas encabezado por A. Juppé, e o comezo do seu mandato resultou polémico por mor do seu plan de reforma da Seguridade Social; esta reforma orixinou unha serie de protestas e a decisión de realizar probas nucleares en Mururoa (na Polinesia francesa). En 1997 o triunfo do Partido Socialista Francés (PSF) nas eleccións lexislativas iniciou unha etapa de cohabitación, con L. Jospin como primeiro ministro. Nas vésperas do cumio intergobernamental de Nice (decembro do 2000) mantivo un pulso con Alemaña por compartir o liderato da Unión Europea. É autor de La France pour tous (Francia para todos, 1995).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : París