chirla
(<éusc txírla < lat scilla ‘cebola mariña’)
-
s
f
[ANIMAL]
Molusco bivalbo de cuncha grosa, de ata 45 mm de ancho, con forma de triángulo equilátero de contorno arredondado, coa superficie sucada de numerosas costelas concéntricas e de cor amarelenta ou parda. Vive en fondos de area fina e lamacenta, ata profundidades de 50 m, nas praias das embocaduras das rías. Distribuído no Atlántico dende as Illas Británicas ata as Canarias, está tamén presente no Mar Mediterráneo e no Mar Negro. Péscase con rastro na zona intermareal e con sachos de vara dende embarcacións na zona inframareal. Ten un sabor bastante intenso, basicamente semellante ao da ameixa, e os usos culinarios que admite son semellantes aos deste molusco: en salsa, como ingrediente en pratos de arroz ou de peixe, etc.
-
s
f
[ANIMAL/ORNIT]
Ave mariña da familia dos estérnidos que captura pequenos peixes dentro da auga, onde se somerxe logo de pendurarse a certa altura cun voo en peneira. O nome ten unha orixe onomatopeica nas frecuentes voces estridentes e agudas que emiten os grupos familiares mentres se desprazan ou se alimentan. Na tradición oral recóllense ditos como: “Chirla alegre que o mar non temes / dime que me ama / dime que me quere”.
Sinónimos: carrán.