Chisme, El
Chisme, El
[PUBLIC]
Periódico semanal que se definía como crítico literario. Saíu do prelo de Rogelio Quintás en Pontevedra co subtítulo de “Semanario independiente, recreativo, tempestivo y poco serio” entre xullo e outubro do ano 1884. A dirección estaba a cargo de Albino Simán, e entre os colaboradores figuraban M. Palacios, Luís Taboada e Luís Vidart, entre outros. Nas súas páxinas hai artigos, chismes, e casos da semana. Cómpre destacar que en moitas ocasións as noticias comentábanse en verso. Entre os poucos exemplos de literatura galega que se poden ler inclúen varios poemas e un conto do director; a maioría destes textos de carácter poético levan o epígrafe “Epitafios”.