Chismoso, El

Chismoso, El

Publicación que saíu en xullo de 1881 en Pontevedra, co subtítulo de “Periódico husmeador, callejero y de carácter... nacional joco-serio, charlatán en alto grado, pero inocente y sin pecado”. A partir do número tres engadiu na cabeceira a denominación de “periódico satírico”. Este semanario acolleu as seccións de “Artículo de fondo”, “Chismes sueltos”, “Noticiotas”, “Gacetillas”, “Cantares o Coplas” y “Anuncios”, todas elas escritas con ironía e humor e asinadas, na maior parte, con pseudónimos.