chistera
chistera
(<éusc txistera < gascón cistera < lat cĭstella ‘cestiña’)
-
s
f
Sombreiro de copa alta con forma de cilindro e plana por arriba, que se usa en cerimonias ou actos solemnes. Ex: O mago sacou un coelliño da chistera.
Ex: O mago sacou un coelliño da chistera.
-
s
f
[DEP]
Accesorio deportivo que se emprega no xogo de pelota, consistente nunha pa, cóncava e curvada, colocada na punta dunha luva de coiro, que se suxeita no pulso con correas. Serve para recoller e dar impulso á pelota antes de botala contra o frontón.
Sinónimos: cesta.