chistorra
chistorra
(< éusc txistor)
s
f
[ALIM]
Embutido semicurado propio de Nafarroa e tamén de Euskadi, feito a base de carne de porco, aínda que pode levar vacún, e touciño embuchados en tripa fina e condimentado con pemento. Consómese principalmente frita, pero tamén cocida; tradicionalmente, prepárase o día de san Tomé.