Chomette, René Lucien
Cineasta, crítico e escritor. Evolucionou dende o vangardismo ao retrato boulevardier, como en Un chapeau de paille d’Italie (Un sombreiro de palla de Italia, 1927); posteriormente, introduciu a ironía social en Le million (O millón, 1931) e À nous la liberté (A nós a liberdade, 1931). En 1935 emigrou ao Reino Unido, onde realizou unha poesía do fantástico con The ghost goes West (O fantasma vai ao oeste, 1935) e Break the News (Grandes novas, 1938), que proseguiu nos EE UU con I married a Witch (Casei cunha bruxa, 1942) e It happened tomorrow (Sucedeu mañá, 1944). Da súa produción destaca Paris qui dort (París durmido, 1923), Entr’acte (Entreacto, 1924), Le silence est d’or (O silencio é ouro, 1947), Les grandes manoeuvres (As manobras do amor, 1955) e Porte des Lilas (Porta das Lilas, 1957).
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : Neuilly -
Nacemento
Lugar : París -
Deceso
Lugar : France