Chŏnju

Chŏnju

Capital da provincia de Chŏlla Setentrional, na República de Corea, á beira do río ChangJin-gang (563.153 h [1995]). É unha cidade industrial (papel, téxtil, produtos químicos) que creceu sobre todo desde 1968.