chorume

chorume

(

  1. s m

    Gordura da carne.

    Ex: Este touciño ten moito chorume e poucas febras.

    Sinónimos: lardo.
  2. s m

    Líquido que expulsa a carne crúa ou ao cociñala.

    Ex: O tallo onde se partiu o porco quedou cheo de chorume.

    Sinónimos: zume.
  3. s m

    Preparado líquido máis ou menos espeso feito a base de diferentes substancias que acompaña as comidas.

    Ex: Esperade a que bote o chorume nunha cunca e xa sento á mesa.

    Sinónimos: prebe.

Formas incorrectas

churume

Palabras veciñas

chorugha | chorughoso | choruma | chorume | chorus* | Chorzów | choscar