"A Val" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 22.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aballe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convocado polo Concello da Estrada desde o ano 1997 para honrar a figura da poetisa estradense Avelina Valladares, irmá de Marcial Valladares e precursora, coma el, no cultivo da lingua galega.
-
PERSOEIRO
Teólogo franciscano de orixe lucense. Foi fundador de varios conventos e preparou o Capítulo Xeral de Tolosa. Foi discípulo de san Boaventura e escribiu unha obra sobre cuestións metafísicas que se atribuíu erroneamente a Duns Escoto.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, na Comunitat Valenciana, situado na comarca da Safor, drenado polo río Xeraco (1.669 h [1996]). A laranxeira adquiriu o carácter de monocultivo. O sector primario ocupa o 50% da poboación activa. A actividade industrial redúcese á fabricación de envases para as laranxas. Foi un antigo casarío islámico. A igrexa parroquial, churrigueresca, é do s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e xesuíta. Foi profesor en Tortosa, Barcelona e Sant Cugat del Vallès. Membro da Comisión Bíblica Pontificia. É autor de Las epístolas de san Pablo (1940), San Pablo, maestro de la vida espiritual (1941), La Asunción de María (1947) e da edición da Biblia en colaboración con Francisco Cantera (La Sagrada Biblia, 1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política. Graduada en Psicorientoloxía pola University of Laredo (Texas), realizou cursos de dereito na Université de La Sorbonne e de socioloxía en Helsingor (Dinamarca). Residiu en Suíza (1972-1975), onde ocupou o cargo de secretaria da Federación de Entidades Españolas dos cantóns de St. Gallen e Appenzell. Ao seu regreso integrouse na política local de Vilagarcía e ocupou a secretaría xeral da Xunta local do PP. Foi deputada do Parlamento galego, polo PP, na IV lexislatura (1993-1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aballe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra teatral en galego de Rafael Dieste publicada en 1927. Presenta a peripecia que vive un mariñeiro de boa posición cando, forzado pola súa muller e a súa filla, decide retirar dun retrato que lle están facendo un fondo mariñeiro. Os seus amigos, contrariados con tal decisión, cortan o lenzo para recuperar aquela fiestra que deixaba ver o porto cheo de lanchas e barcos de pesca. A fiestra, que mostra as orixes verdadeiras do vello mariñeiro e que fala da súa identidade e da súa condición, é todo un símbolo de Galicia, a terra á que renunciaban moitos galegos e galegas a medida que melloraban na súa posición social, esquecendo as súas orixes, a súa identidade, a súa lingua e a súa cultura. O problema resólvese cando Don Miguel decide aceptar a súa identidade e restitúe a fiestra, acto de carácter simbólico co que se afirma a identidade e a conciencia galeguistas. Foi un texto moi utilizado na creación teatral galega, e a primeira escenificación data de 1935, con dirección do propio autor...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro, con sede en Pontevedra, que se constituíu o 24 de decembro de 1983. Entre os seus obxectivos incluíronse a estimulación e o favorecemento da cultura e os seus valores tradicionais dentro do espírito do humanismo cristián.
-
GALICIA
Historiador, político, escritor e profesor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1927), en Filosofía e Letras pola Universidad de Zaragoza (1927) e doutor en Historia pola Universidad de Madrid (1936), foi profesor de ensino secundario nos institutos de Pontevedra, Balmes de Barcelona e Lugo, para finalmente exercer como director do Instituto de Bacharelato de Pontevedra. No eido da cultura, nas décadas dos anos vinte e trinta, destacou por ser un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos (1921), onde dirixiu a sección de Historia da Literatura (1922-1936); así mesmo, foi patrón fundador do Museo de Pontevedra (1927), do que foi secretario (1927-1942), xefe da oficina do Patronato Nacional de Turismo (1927-1934), vogal das comisións de monumentos de Lugo (1935) e de Pontevedra (1940) e vogal do Servicio de Defensa e Recuperación do Patrimonio Artístico (1938). Foi director do Museo de Pontevedra (1942), posto que ocupou ata a súa morte, membro da Comisión...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor colombiano. Formouse na Universidad Pontificia Bolivariana e colaborou no xornal El Sol. Creador, xunto con Gonzalo Restrepo e Jaime Sanín, do grupo La Tertulia, houbo de exiliarse por motivos políticos (1948-1957). Da súa extensa produción destacan La tierra éramos nosotros (1945), El día señalado (1964, Premio Nadal 1963), Las muertes ajenas (1979), La casa de las dos palmas (1988, Premio Rómulo Gallegos 1989) e Soledumbres (1990). Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidad Nacional de Colombia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante e actor. Coñecido como Antonio Molina, foi un dos artistas máis representativos do flamenco e da copla española e un dos máis admirados pola súa voz. Destacan os seus discos 30 coplas de leyenda (1957) e Quejío, su flamenco (1971), e os seus filmes El pescador de coplas (1954), El Cristo de los Faroles (1958) e Canciones de nuestra vida (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no extremo N da parroquia de Lamas de Campos (A Fonsagrada). O seu cumio acada os 782 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no NL da parroquia de Alvidrón (Antas de Ulla). O seu cumio acada os 511 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Publicou obras de poesía, novela e libros de viaxes. Coordinador do volume poético En tránsito: poesía galega en Madrid (2001), xunto con Vicente Araguas, participou nos volumes colectivos Intifada (1989) e 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez (2001). Colaborador de Encrucillada, Luzes de Galiza e O Correo Galego, da súa produción destacan Poemas da cinza (1990), onde amosa sobre todo sinceridade nun marco de continuas referencias á realidade cotiá; Todo morte (1998), Sobremesa (1999), Rosa íntima (2000), Inventario de fragmentos (2001, Premio Rosalía de Castro) e Libro das viaxes (2002). Gañou a IX edición do premio de relatos Casa de Galicia de León con “Día de inverno” (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. Residiu en Cienfuegos a partir de 1867 e ocupou diversos cargos municipais. Alcalde desa cidade a partir de 1872, foi deputado provincial en 1879. Fundou, en colaboración con Domingo Devesa, o periódico El avisador galaico.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xornalista. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1889) e instalouse en Pontevedra, onde foi redactor do Diario de Pontevedra, xuíz municipal e decano do Colexio de Avogados (1898). En 1899 ingresou no corpo de rexistradores da propiedade e instalouse en Madrid. Entrou na política da man de Montero Ríos e foi deputado polo Partido Liberal polo distrito da Fonsagrada (1905-1923). Afastouse do seu protector e relacionouse con Basilio Álvarez, entre outros, ata chegar a ser un dos cofundadores da Liga Agrario-Redencionista (1910), que presidiu. Xosé Canalejas Méndez nomeouno gobernador civil de Barcelona (1910-1911), onde reprimiu con dureza as axitacións obreiras, e fiscal do Tribunal Supremo (1912). En 1923 foi ministro de Fomento. Participou na fundación en Vigo do xornal El Pueblo Gallego (1924), no que colaboraban republicanos e nacionalistas. En 1930 foi un dos promotores do Pacto de Barrantes. Coa chegada da Segunda República Española...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador do cine. Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi responsable da Filmoteca de Galicia e profesor na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Pioneiro na investigación da historia do cine en Galicia, publicou numerosos traballos sobre as orixes do espectáculo cinematográfico en Galicia, como El cine en Galicia durante la Segunda República (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Investigadora e crítica literaria portuguesa. Profesora no departamento de Estudos Portugueses da Universidade do Minho, en Braga, foi codirectora das revistas Nós e Cadernos do Povo, e presidenta das Irmandades da Fala en Portugal. Experta en literatura africana en portugués, investigou parte da obra de F. Pessoa. É autora de C.E.I. celeiro do sonho: geração de “Mensagem” (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Catedrático de Lingua e Literatura de ensino secundario e doutor en Filosofía e Letras, é profesor de didáctica da lingua e da literatura na Universidade de Santiago de Compostela. As súas liñas de investigación céntranse na formación do profesorado de lingua e literatura, na sociolingüística e didáctica da lingua en Galicia, nos fenómenos de contacto lingüístico entre o galego e o castelán e na avaliación da competencia bilingüe do alumnado. Coordinou e colaborou nas obras Didáctica da lingua en situacións de contacto lingüístico (1994), A lingua e a literatura. Algúns aspectos didácticos (2001) e A literatura na educación secundaria (2005), e publicou A lingua como feito social (1996), Proxecto de diversificación curricular. Ámbito lingüístico-social (1997) e, en colaboración, Lingua galega e literatura. A sociolingüística (2000) e Manifestacións de contacto lingüístico en Galicia. Avaliación da competencia do alumnado (en prensa, 2005).
VER O DETALLE DO TERMO