"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • Derivado mononitrato do naftaleno que se obtén por reacción dunha mestura de ácidos nítrico e sulfúrico con naftaleno, a 50°C. Emprégase na fabricación de colorantes e produtos intermediarios de síntese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Baden-Württemberg, Alemaña (64.300 h [1990]). É un importante centro de comunicacións e núcleo industrial. Conserva restos arqueolóxicos da época romana. Dende 1360 ata o 1802 foi cidade libre do Imperio Austríaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Aaleniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro piso e idade do Dogger ou Xurásico medio, comprendido entre o Toarciano e o Baxociano. O estratotipo é o piso de Aalen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista téxtil polaca. Iníciase na pintura e na escultura pero remata por concentrarse na arte do tecido, especialidade que renova con técnicas e procedementos novos sobre a base da utilización de materiais tradicionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de abalear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. abalar.

    2. Botar ao aire os cereais para limpalos e separar o gran ou a semente da palla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome que recibe cada un dos apoios dun berce que facilitan o seu balanceo.

    2. abaloira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo exipcio. Os seus traballos, caracterizados por unha metodoloxía marxista, tratan sobre os modos de relación entre superestruturas e infraestruturas, o imperialismo e a cuestión nacional. É autor de Egypte, société militaire (Exipto, sociedade militar, 1962) e Idéologie et renaisance nationale: l’Egypte moderne (Ideoloxía e renacemento nacional: o Exipto moderno, 1969). Empregou o concepto de especifidade, na súa obra Dialectique social (Dialéctica social, 1972), para analizar as diferenzas entre as sociedades nun mundo marcado por un proceso crecente de mundialización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome, que en vasco significa ‘patriota’, dado aos nacionalistas vascos que defenden a existencia dunha patria común denominada Euskal Herria (Unión Vasca). Nos últimos tempos tense identificado erroneamente con este termo aos nacionalistas vascos radicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • č (?1875 - 1955) Patólogo ruso. Describiu o tumor muscular que leva o seu nome e designa un tipo concreto de mioblastoma . Publicou Osnovy chastnoi patologicheskoi anatomii (Anatomía patolóxica dos ganglios simpáticos, 1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor de Literatura Española na Universidade de Santiago de Compostela. Con anterioridade fora docente da mesma materia na Universidade de Dijon (Borgoña), onde se doutorou. Publicou traballos sobre Castelao, Rosalía, Cela e o teatro español contemporáneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor coñecido polo pseudónimo Avelino Abuín de Tembra. Catedrático de Literatura Española e técnico superior de Relacións Públicas. En Lisboa fundou, na década dos cincuenta, a revista Breogán do Centro Galego. De regreso a Galicia, foi Secretario Xeral do Padroado Rosalía de Castro (1964-1971) e fundador dos Xogos Frorais Minerva e do Pedrón de Ouro. Autor dos poemarios Camiños (1961), Home ao pairo (1974) e Roldas de Compostela (1983), co que gañou os premios Valentín Lamas Carvajal e Galicia. Escribiu centos de artigos de prensa, prologou diversos poemarios, foi responsable dunha antoloxía da obra En las orillas del Sar e dunha biografía comentada de Rosalía. Cofundou o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 1991, dirixiu a edición das obras completas de Rosalía a partir de 1992 e fundador da revista Galicia Viva na Internet en 1998.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en 1977 por un grupo de membros numerarios da Real Academia Galega que contaban co apoio da Universidade de Santiago de Compostela e de varios persoeiros do mundo científico galego. Está integrada por académicos de número e correspondentes. Estrutúrase en cinco seccións: Matemáticas, Física e Física do Cosmos; Química e Xeoloxía; Farmacia e Bioloxía; Ciencias Técnicas; e Ciencias Sociais e Económicas. O seu obxectivo é fomentar a difusión destes coñecementos organizando seminarios, promovendo centros de investigación e publicando tratados científicos. Anualmente publica o Boletín da Academia Galega das Ciencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constituída na Coruña no ano 1992 por un grupo de afeccionados á gastronomía co gallo de lembrar e honrar a aquelas persoas que exerceron esta arte. Está presidida por José Antonio Quiroga y Piñeiro, actuando Fausto Galdo Fernández como secretario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ente adscrita á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia. Ten como obxecto a formación do persoal dos corpos de seguridade das administracións locais e autonómica (policías locais e policía autonómica) e dos servicios de protección civil. Ten a súa sede no concello da Estrada.

    VER O DETALLE DO TERMO