"ASTM" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade de carácter técnico e científico fundada en 1898 nos EE UU. Dedícase ao estudo dos materiais de enxeñería e á normalización dentro da Arquitectura, a manutención dos elementos arquitectónicos, o debuxo industrial, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa norteamericana fundada en 1892 por George Eastman. Líder mundial da industria fotográfica, dedícase principalmente á produción de cámaras fotográficas, películas, proxectores, fotocopiadoras, impresoras e outros equipos de oficina, amais de plásticos e produtos farmacéuticos. A compañía tivo a súa orixe na Eastman Dry Plate Company, creada en 1881 por George Eastman e Henry A. Strong. En 1892 revolucionou o mundo fotográfico ao introducir o papel Solio. En 1898 lanzou ao mercado a predecesora das cámaras modernas, a Kodak Folding Pocket, que acompañou a película Kodak Non-Curling (1903). En 1911 inaugurouse a Hamk Eye Works de Rochester na que se deseñan e fabrican os aparatos ópticos da compañía. A partir de 1917, coincidindo coa Primeira Guerra Mundial, desenvolveu as primeiras cámaras para fotografías aéreas. En 1923 comercializáronse as cámaras Cine-Kodak e o proxector Kodascope para afeccionados á cinematografía, que melloraron as súas funcións coa película Kodacolor de 16...
-
PERSOEIRO
Soprano inglesa. Realizou estudios en París e Londres e principiou a súa carreira musical en Berlín. Posuidora dunha técnica vogal depurada, actuou con frecuencia no Metropolitan Opera House de Nova York.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inventor e industrial fotográfico. Fundador da Eastman Kodak Company, en 1878 comezou a preparar as primeiras placas de bromuro de prata e en 1880 comezou a súa fabricación industrial. A partir de 1881 substituíu as placas de cristal por papel. En 1888 introduciu a primeira cámara Kodak no mercado, preparada cun rolo de película para cen tomas en papel coa que contribuíu á difusión da fotografía no público xeral. Ao ano seguinte inventou unha película transparente de nitrocelulosa que empregou T. A. Edison no seu cinematógrafo. Xa en 1890 sacou ao mercado a Kodak nº 2, que permitía obter 150 imaxes en papel. Cinco anos despois inventou un sistema para cargar e descargar á luz un carrete de doce imaxes coa coñecida Kodak Pocket, un aparato de reducidas dimensións. Posteriormente, inventou a Kodak de tres diafragmas, provista de varias velocidades, e unha cámara para nenos coñecida como Kodak Brownie, cun rolo para seis imaxes. Dedicou unha parte dos seus recursos económicos, obtidos coa...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Län de Suecia (6.302 km2; 261.005 h [2004]). A súa capital é Västerås.