"Acebo" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto dioico de ata 14 m de altura, perennifolio, de follas coriáceas, lustrosas e de beiras onduladas e espiñentas, aparecendo follas lisas e de marxe enteira nas partes superiores. Flores abrancuxadas, tetrámeras, de 8 mm, en acios apretados nas axilas das follas que no inverno seguinte dan lugar a un froito en drupa vermello e velenoso para o home. Distribuído no sur e oeste de Europa e en montañas do norte de África, na Península Ibérica ocupa principalmente a metade norte. Aparece amplamente distribuído en Galicia, tendo as mellores representacións de acivreiras nas serras de San Mamede e dos Ancares. Moi empregado en xardinería pola tolerancia das podas e as múltiples variedades foliares A madeira, clara, dura e pesada, estímase en ebanistería e as pólas novas para aguilladas e mangos. Coa casca faise o visgo empregado para a captura de pequenos paxaros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aldea do Bierzo no Camiño Francés a Santiago, entre Manxarín e Riego de Ambrós.
-
GALICIA
Director coral e compositor. Na Coruña dirixiu o Orfeón La Aurora e a Coral Polifónica El Eco. O 7 de xullo de 1923 debutou á fronte do Coro Toxos e Froles no Salón Círculo Recreativo de Redes coa estrea da súa obra Orballeiras, colectivo que dirixiu ata a súa morte; e o día 15 do mesmo mes actuaron nunha homenaxe a emigrantes galegos que chegaron dende La Habana. Así mesmo, dirixiu a agrupación en numerosas actuacións en Ferrol, Betanzos, A Coruña, Pontevedra, Vigo, Noia, etc. O 17 de abril de 1925 estreou o pasodobre Toxos e Froles, para seis voces mixtas, e o 15 de outubro e o 22 de decembro de 1926 Gaitiña mía, para piano e canto, e A neve, todas elas da súa autoría. Da súa produción destacan, ademais, numerosas obras para piano, guitarra e orquestra, e tamén un arranxo de Negra sombra e as pezas A volta da feira de Portomarín, A festa dos mariñeiros, A volta do emigrante, Pastoriza e Na festa do Patrón,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rede social creada polo estudante de Harvard, Mark Zuckerberg en febreiro do 2004 para estar en contacto cos compañeiros da universidade. O sitio popularizouse rapidamente en Harvard, de alí o seu uso estendeuse entre alumnos das universidades estadounidenses e en pouco tempo en todo o mundo. É unha ferramenta que permite comunicarse con amigos, familiares ou compañeiros de traballo compartindo información de todo tipo. No ano 2009 conta con máis de 200 millóns de usuarios activos que se poden organizar en grupos e redes segundo a situación xeográfica, académica ou laboral ou por gustos e intereses. O seu nome provén do costume que existe en moitas universidades norteamericanas de darlle aos alumnos á súa chegada un libro con fotografías dos alumnos e profesores desa universidade e que recibe o nome en inglés de “facebook” ou, en galego “libro de caras”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falso medicamento preparado co mesmo aspecto ca un medicamento determinado, pero que non contén máis ca producos inertes sen principios activos. Empréganse en farmacoloxía clínica para conseguir un efecto psicoterapéutico, co fin de diferenciar o efecto real dun medicamento en ensaios do efecto debido á suxestión.