"Acer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 112.

  • Xénero de árbores da familia das aceráceas ao que pertence o pradairo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise das árbores e arbustos pertencentes ao xénero Acer.

    2. Árbore ou arbusto da familia das aceráceas.

    3. Familia de árbores ou arbustos caducos da orde das sapindais á que pertence o xénero Acer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das orquidáceas, de talo folioso e flores en espiga mesta, co labio alongado e partido en catro lóbulos. En Galicia atópase en prados secos e matogueiras de zonas calcáreas e margosas a especie A. anthropophorum, de talos de ata 40 cm e flores amarelas verdosas con aspecto de home aforcado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • País de Asia occidental, que se estende desde os contrafortes meridionais do Gran Cáucaso ata o Kurdistán e o río Qiziluzan. Limita ao O con Armenia, Turquía e Iraq e ao L co mar Caspio. Actualmente divídese entre Irán e o estado de Acerbaixán, que ata 1991 constituíu unha república da Unión Soviética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESTADO

    Estado asiático na rexión oriental do Cáucaso (86.600 km2; 7.617.000 h [estim 1997]). Limita ao L co mar Caspio, ao N con Rusia e Xeorxia, ao O con Armenia, e ao S con Irán. Inclúe o enclave de Nakhičevan, entre Armenia, ao L, e Irán, ao O. A capital é Bakú.
    Xeografía física
    De N a L, nos contrafortes orientais do Gran Cáucaso, están as máximas elevacións (Gora Bazard’uz’u 4.466 m). No extremo L, esta serra forma a península de Apšeron. A zona central comprende a conca do Kura, que se abre no mar Caspio formando unha gran chaira atravesada por numerosos ríos e que se ensancha cara ao S na confluencia co Araxes. Ao O están as montañas volcánicas do pequeno Cáucaso. O territorio de Nakhičevan, separado do resto do territorio azarí pola serra do Sangesur, no pequeno Cáucaso armenio, limita con Irán no Araxes. O clima, aínda que en conxunto é continental, vese modificado pola altitude no N e no O. As temperaturas medias oscilan entre os 27° C e os 0°...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ostān de Irán (49.287 km2; 3.278.718 h. [1991]). A capital é Tabriz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ostān de Irán (38.588 km2; 2.284.208 h [1991]). A capital é Orumiyeh.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Acerbaixán ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Acerbaixán.

    3. azarí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de acerbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que resulta áspero ao padal.

    2. Que resulta cruel ou doloroso.

    3. Que é unha persoa caracterizada polo seu ton incisivo ou falto de amabilidade.

    4. iño que presenta unha elevada acidez fixa, resultando amargo e áspero ao gusto. Aplícase aos viños verdes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palabra empregada na locución preposicional acerca de e que, anteposta a un substantivo, e co significado de ‘sobre ou ‘respecto a/de, introduce o asunto do que se está a tratar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de acercar ou acercarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pór algo a unha distancia menor.

    2. Aproximarse a unha persoa, a un animal ou a un obxecto calquera.

    3. Tender a unha igualación ideolóxica e de opinión.

    4. Acontecer algo nun tempo relativamente curto, próximo ao momento no que se fala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbores ou arbustos de follas perennes, carentes de glándulas e moi dentadas, con froitos puntiagudos. En Galicia atópase de forma espontánea na serra do Xurés e como ornamental en parques e xardíns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento que frea o crecemento dos animais ou plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de acernar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer cortes ao redor do tronco dunha árbore para imposibilitar a circulación do zume e, como consecuencia, o seu agostamento.

    2. Frear ou deter o crecemento de animais ou plantas.

    3. Cortar as pólas ou gallas dunha árbore ou arbusto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cofre de pequeno tamaño onde, antigamente, se colocaba o incenso para as ofrendas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é moi firme e pertinaz.

    VER O DETALLE DO TERMO