"Agrelo" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
GALICIA
Praia da beira meridional da Ría de Pontevedra situada na parroquia de Cela, concello de Bueu, entre as puntas Corveiro ao S e Cabezón da Ría ao N.
CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 550 metros ANCHURA MEDIA: 20 metros GRAO OCUPACIÓN: Alto GRAO URBANIZACIÓN: Semiurbana PASEO MARÍTIMO: No
VER O DETALLE DO TERMO
TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Dourada CONDICIÓNS BAÑO: Ondada moderada / Ventosa ZONA DE FONDEO: Si NUDISTA: No
ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: No BANDEIRA AZUL: No
SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: No SINALIZACIÓN DE PERIGO: No POLICÍA LOCAL: No POSTO CRUZ VERMELLA: Si EQUIPO SALVAMENTO: Si
HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN: Praza de Montecelo,... -
GALICIA
Profesor da Escola de Artes Aplicadas de Lugo. Estudou na Escola de Artes Decorativas de Madrid. Participou en numerosas exposicións dende mediados da década de 1960, desvencellado de calquera movemento ou escola, aínda que sempre cunha proposta estética comprometida coa realidade popular.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor, autor e director teatral, cunha traxectoria estreitamente vinculada á súa vila natal, onde desenvolve unha importante actividade no eido da animación e promoción do teatro escolar e afeccionado. En 1973 potenciou a creación do grupo Candea co que realizou diversos espectáculos, entre os que cómpre salientar Pancho de Rábade (1974), a partir dun texto homónimo de Álvaro de las Casas, ou Noite de lobos (1975), Metá e metá (1976) e O mestre (1978), a partir de textos da súa autoría.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Doutorado en Sagrada Teoloxía con especialización en Liturxia no Pontificio Ateneo Antoniano de Roma. Foi vigairo provincial da provincia franciscana de Santiago e secretario da Facultade de Teoloxía do Pontificio Ateneo Antoniano. Desde 1986 desempeña o cargo de secretario da provincia franciscana de Santiago, amais de ser promotor de Formación Permanente e mestre de Liturxia e Teoloxía Espiritual no Instituto Teolóxico Compostelano. Participou na preparación das edicións galegas do Diurnal e do Leccionario.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Salamanca, onde foi alumno do profesor Xosé Luís Pensado, mestre da filoloxía galega a quen debe o seu achegamento ao século XVIII. É catedrático de Lingua e Literatura Castelá no IES Rafael Dieste da Coruña, cidade en que reside e onde exerceu a súa profesión desde 1989.
VER O DETALLE DO TERMO
Entre os seus estudos cómpre citar As coplas galegas do Padre Sarmiento (1982), Cartas de Padre Sobreira a Gómez de Ortega y Cornide (1983), A poética de Manuel Antonio (1993), en colaboración con Xosé Luís Pensado Tomé; Luís Seoane e o libro galego na Arxentina: 1937-1978 (1994), en colaboración con Xavier Seoane; Rafael Dieste: bibliografía e cronoloxía (1995), Rafael... -
PERSOEIRO
Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e profesora da mesma universidade. Traballa en temas relacionados coa lingua e a toponimia. Publicou: Contribución ao estudo do léxico de Valentín Lamas Carvajal (1986) e doutorouse coa tese Contribución ao estudo da antroponimia medieval galega (séculos VIII-XIII) (1993). Ten participado en volumes colectivos como Estudios dedicados a Celso Emilio Ferreiro (1992), Guía bibliográfica da lingüística galega (1996), Homenaxe a Pilar Vázquez Cuesta (1996) e Homenaxe a Ramón Lorenzo (1998), entre outros moitos. Ademais participou na elaboración do Dicionario normativo galego-castelán (1988), Vocabulario comercial básico (1988), Dicionario escolar galego (1990), Léxico administrativo castelán-galego (1991) e do Dicionario dos nomes galegos (1992). Colaboradora nas revistas Verba e Cadernos da Lingua...
VER O DETALLE DO TERMO